• Portada Noticias e Artículos Entrevistas Eventos
  • CLASIFICACIÓN E RESULTADOS Plantilla Prebenjamines Plantilla Benjamines Plantilla Alevines A Plantilla Alevines B Plantilla Infantíles A Plantilla Infantíles B Plantilla Cadetes Plantilla Juveniles Apuntes Deportivos Galería de Fotos
  • Club Historia Patrocinadores Contacto
ESTAS EN LA ZONA
ACTUALIDAD
Alevíns AD ‘A’ e Infantís AD vanse de vacacións en plena forma.  19/12/2017
Xuvenís AD pechan a primeira volta recuperando o primeiro posto.

 Resultados da xornada.


 

Chega o Nadal e deixamos descansar as ligas ata o ano próximo pechando un 2016 no que seguimos medrando. A última xornada deste ano deixounos, como é norma, un bo número de goles e sorte dispar para os nosos equipos.

Os máis pequenos, os Prebenxamíns AD, no penúltimo partido da primeira fase, lograron una ampla vitoria no Gondomar FB ‘B’ como tamén o foi a dos Alevíns AD ‘A’ ante o AD Montecastelo ‘B’, nun partido que se presumía igualado pero que os nosos conseguiron dominar por completo no marcador.

No resto dos encontros do fútbol 8 o marcador foi favorable aos nosos rivais. Os Benxamíns AD ‘A’ non puideron coa Asoc. Dep. A Cañiza no seu campo e, na Carballa, os Benxamíns AD ‘B’ e Alevíns AD ‘B’ foron superados polo CD Pontellas e o Tyde CF respectivamente.

No fútbol 11 os Infantís AD, ao igual que fixeron os Alevíns AD ‘A’, volveron golear na Carballa e, coma estes, chegan ao inverno en plena forma e cunha xeira de resultados magnífica. Pola súa parte os Cadetes AD non puideron puntuar na súa visita ao Tyde CF, pero, a pesar da derrota e dos resultados irregulares nas últimas xornadas, pechan a primeira volta nos postos altos da liga.

Na categoría xuvenil, os ‘B’ non puideron irse de vacacións cunha vitoria e caeron derrotados por un axustado 2 a 1 no campo do CD Pontellas. Os ‘A’, pola súa parte, pecharon a xornada e a súa primeira volta cun gran resultado ante o Balaídos CF que os volve alzar ao máis alto da clasificación. Agora a aproveitar unhas vacacións máis que merecidas.

Como dicíamos, as ligas tómanse un descanso polo Nadal, pero o fútbol non se detén: este sábado, na Carballa, IV Torneo de Nadal Benxamín e Prebenxamín da AD Tomiño. Xa é tradición, non o podes perder!


Otras noticias recientes:
Xuvenís AD ‘A’ nas Cercas e Infantís AD na Carballa, a pola liga. | - NOTICIA - 19/04/2018
Novo 4 a 0 dos Infantís AD para rozar o título ligueiro. | - NOTICIA - 16/04/2018
Xuvenís AD ‘A’, Cadetes AD e Infantís AD xóganse as súas aspiracións na Carballa. | - NOTICIA - 12/04/2018
Os Infantís AD levan o derbi e, como os Xuvenís AD, están a tres finais de gañar a liga. | - NOTICIA - 10/04/2018
Os nosos Infantís AD, a manterse primeiros ante o Goian CF. | - NOTICIA - 05/04/2018
No fútbol 11, un triunfo que levanta a moral e dous que achegan obxectivos. | - NOTICIA - 02/04/2018
Infantís AD gañan e colócanse líderes. | - NOTICIA - 27/03/2018
Partidazo polo primeiro posto o sábado ás 16:00 na Carballa. | - NOTICIA - 22/03/2018
Xuvenís AD e Infantís AD seguen dando pasos adiante na súa pelexa polo título. | - NOTICIA - 19/03/2018
Se o clima o permite, xornada con seis bos partidos na Carballa. | - NOTICIA - 15/03/2018



PATROCINADORES


aviso legal